O BNG reparte nos locais comerciais da cidade diferentes autocolantes en galego para poñer nos agasallos

O BNG reparte nos locais comerciais da cidade diferentes autocolantes en galego para poñer nos agasallos
O BNG reparte nos locais comerciais da cidade diferentes autocolantes en galego para poñer nos agasallos

Con esta campaña reivindica que se compren no comercio de proximidade produtos como artesanía, música, libros e xoguetes non sexistas feitos en Galicia

O BNG de Santiago realizou un reparto de folletos informativos e de autocolantes enmarcado na campaña de apoio ao comercio local para incentivar a compra de produtos locais e galegos, con promoción da etiquetaxe en lingua galega.

As concelleiras Goretti Sanmartín e Navia Rivas, xunto co responsable local do BNG, Xesús Domínguez, e un grupo de militantes do BNG realizaron un percorrido polos comercios da Cidade histórica e do Ensanche onde repartiron láminas con 16.800 autocolantes para poñer no envoltorio de agasallos, xunto con información desta campaña do BNG. Reivindica que se compren no comercio de proximidade produtos como artesanía, música, libros e xoguetes non sexistas feitos en Galicia.

En concreto, o BNG aposta por recuperar os mercados municipais e as zonas comerciais tradicionais, por promover a produción alternativa e ecolóxica, por regular os horarios comerciais, por establecer liñas de crédito prioritarias para o comercio de proximidade e por promover axudas para implantar estabelecementos que comercialicen produtos autóctonos.

Así, anima a potenciar feiras e mercados, a consumir produtos galegos, e a facelo no comercio de proximidade, sector básico da nosa economía. Ademais, advirte da imposición, por parte do Goberno do PP, dun modelo de consumo ao servizo das grandes áreas de capital foráneo, que empobrece, atenta contra a saúde e mesmo xera hábitos de vida e de ocio deshumanizados. As políticas fiscais e económicas do PP ameazan a supervivencia do comercio local, que o BNG segue a apoiar e defender.

O BNG aposta por prestixiar os produtos primarios e por facilitar a súa comercialización. "O noso obxectivo é que as persoas produtoras obteñan o máximo beneficio e que a actividade agraria, a súa transformación e comercialización sexan un elemento de xeración de emprego e dinamización económica", asegura a voceira do grupo municipal.

Comentarios
Lo más