Un paso máis para a construcción para a nova EDAR da Silvouta

Un paso máis para a construcción para a nova EDAR da Silvouta
Un paso máis para a construcción para a nova EDAR da Silvouta

A responsable de Medio Ambiente explicou que o Concello coñece as características destas empresas, porque "fomos autorizados a asistir á reunión da mesa especial de diálogo competitivo"

A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, valora dun xeito positivo a selección das catro empresas que na segunda fase do proceso de diálogo competitivo para a construción da EDAR da Silvouta deberán desenvolver as súas respectivas solucións preliminares nun proxecto que cumpra cos obxectivos marcados nas bases do procedemento: calidade de vertido, eficiencia enerxética, tratamento de cheirumes e ruído, solucións arquitectónicas funcionais, fiabilidade e flexibilidade na operación.

O Consello de Administración de ACUAES (Aguas de las Cuencas de España), pertencente ao Ministerio para a Transición Ecolóxica, seleccionou a catro das nove empresas presentadas ao procedemento de diálogo competitivo. Son: UTE Dace Infraestructuras, SA. - Vías y Construcciones, SA; UTE Ferrovial AGroman, SA.- Cadagua, SA - C. Ramón Vázquez y Reino, SL; UTE Suez Treatment Solutions, SAU - Aquambiente, Servicios para el Sector del Agua, SAU; e UTE GS Inima Environment, SA - S.A. de Obras y Servicios, COPASA - Pesa Medioambiente, SA.

Todas as empresas desenvolveron o proxecto preliminar en base a tecnoloxías que permiten adaptarse ao mínimo espazo dispoñible, mantendo a calidade da depuración actual durante a execución das obras. Tamén todas cumpren os obxectivos marcados nas bases do concurso.

A responsable de Medio Ambiente explicou que o Concello coñece as características destas empresas, porque "fomos autorizados a asistir á reunión da mesa especial de diálogo competitivo", celebrada o pasado 5 de novembro en Madrid. O alcalde Xosé Sánchez Bugallo, Mila Castro e o técnico de Medio Ambiente Pablo Martín estiveron na presentación dos distintos proxectos pero, sinala a concelleira, "tiñamos o deber de gardar a confidencialidade respecto á exposición realizada" polas nove empresas.

Mila Castro aclara que estiveron presentes, pero sen voz nin voto, xa que así o establece unha cláusula do actual convenio asinado polo anterior Goberno. Explica a concelleira que van intentar que "no novo convenio que hai que asinar con ACUAES, o Concello teña un posto na mesa para poder intervir no proceso". 

Comentarios
Lo más