Lousame aproba un REC de 32.000 euros para non minorar a achega a obras do Plan Único

Lousame aproba un REC de 32.000 euros para non minorar a achega a obras do Plan Único
Lousame aproba un REC de 32.000 euros para non minorar a achega a obras do Plan Único

As facturas recoñecidas na sesión plenaria de onte luns correspóndense con pagos a Unión Fenosa correspondentes aos anos 2015, 2016 e 2017

O Pleno de Lousame aprobou por unanimidade, en sesión extraordinaria e urxente celebrada o pasado luns, un recoñecemento extraxudicial de crédito de 32.688,07 euros para o pago de facturas de Unión Fenosa “e así non reducir a cantidade dedicada a obras a través do POS+ 2020”, explicou a alcaldesa Teresa Villaverde. 

Deste xeito, o Pleno autorizou o pago destas facturas, que se fixo o pasado martes, e así o mércores 18 de decembro, ás 20:15 horas, tivo lugar unha nova sesión extraordinaria na que se aprobou o Plan Único 2020.

As facturas recoñecidas na sesión plenaria de onte luns correspóndense con pagos a Unión Fenosa correspondentes aos anos 2015, 2016 e 2017. Villaverde explicou que o Concello de Lousame mantén un proceso xudicial coa compañía eléctrica ao entender que moitas das facturas emitidas non son correctas. “Nos últimos días chegaron estas facturas por máis de 32.000 euros que si nos corresponde pagar e optamos por facer un REC para non reducir máis o POS+ 2020. Se o facemos así, gañamos en obra”, indicou Villaverde Pais.

Comentarios