Aglomeradas a pista que une a AC-409 con Zampaño en Mercurín

Aglomeradas a pista que une a AC-409 con Zampaño en Mercurín
Aglomeradas a pista que une a AC-409 con Zampaño en Mercurín

O importe de 74.203 euros procede das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)

Con cargo as axudas correspondentes ao plan de mellora de camiños municipais 2019-2020 do Agader (Consellería de Medio Rural) leváronse a cabo dúas obras por importe de preto de 90.000 euros con extensión de capa de aglomerado e mellora de gabias de acceso ao lugar de Zampaño na parroquia de Mercurín, e aos lugares de Abeneiros e O Pazo na parroquia de Lesta.

CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS EXECUTADAS

Actuouse con este proxecto sobre o camiño que comunica a AC-409 (Ordes – Cerceda) ata Zampaño en Mercurín, con unha lonxitude de 795 metros e 4 metros de ancho; e sobre o camiño que comunica o cruce de Abeneiros co lugar de O Pazo e a AC-413 (Ordes-Carballo), con unha lonxitude total de 1060 metros [dividido en dous treitos de 570x4 e 490x4].

Procedeuse previamente coa limpeza de gabias a ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe, aplicando unha capa de seis centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes ó 10% da superficie.

No camiño de acceso a Zampaño ampliouse a plataforma anterior a 0,50 metros a cada lado, empregando xabre, pedra e tratamento asfáltico semiprofundo.

Finalmente completouse a obra en ambos camiños coa sinalización horizontal e colocación das sinais verticais correspondentes.

PROCEDENCIA DOS FONDOS DA ACTUACIÓN

O importe de 74.203 euros procede das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) dependente da Consellería de Medio Rural (Xunta de Galicia). O resto do importe ata completar a totalidade da actuación procede de fondos propios de investimentos en camiños municipais aportados polo Concello de Ordes; ata completar a contía total da licitación de 89.785,63 euros.

Comentarios