Accidente múltiple en Vilalba

Accidente múltiple en Vilalba
Accidente múltiple en Vilalba

Todo sucedeu ao fío das 18:30 horas, momento no que un particular informaba ao 112 Galicia dunha colisión entre varios vehículos, que circulaban pola antiga estrada que vai ata Viveiro

Dúas persoas resultaron feridas, unha delas de consideración, nun accidente múltiple, catro vehículos implicados, na LU-P-6502, á altura do punto quilométrico 4, ao seu paso polo concello lugués de Vilalba.

Todo sucedeu ao fío das 18:30 horas, momento no que un particular informaba ao 112 Galicia dunha colisión entre varios vehículos, que circulaban pola antiga estrada que vai ata Viveiro. Axiña, os xestores de emerxencias informaron do sucedido ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Do mesmo xeito, puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, dos Bombeiros de Vilalba e dos membros do servizo municipal de Protección Civil.

Xa no punto, os axentes de Tráfico comprobaron que, efectivamente, catro coches eran os implicados no sinistro. Iso si, os Bombeiros indicaron que non foi necesario o uso de material de excarceración para facilitar a intervención dos profesionais sanitarios.

Finalmente, confirmaron ao 112 Galicia o traslado de dúas persoas feridas ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios