Ferida unha muller ao quedar baixo o remolque do seu tractor

Ferida unha muller ao quedar baixo o remolque do seu tractor
Ferida unha muller ao quedar baixo o remolque do seu tractor

Debido á gravidade da situación, os servizos sanitarios comunicaron aos xestores do 112 a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense

Unha muller resultou ferida tras quedar baixo o remolque dun tractor.

Os feitos ocorrían sobre as 11:30 horas desta muller, na estrada que une Xinzo e Baltar, na Armada. A esa hora, un particular informaba ao 112 Galicia dunha persoa ferida ao caerlle enriba o remolque dun tractor. Aseguraba que a persoa xa fora liberada.

A partir de aí, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Xinzo, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade. Os axentes de Tráfico tamén foron informados do suceso polo 112 Galicia.

Debido á gravidade da situación, os servizos sanitarios comunicaron aos xestores do 112 a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tomou terra no mesmo lugar do accidente.



Comentarios