Chega Fabien a Santiago

Chega Fabien a Santiago
Chega Fabien a Santiago

En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima os 14ºC

O sábado Galicia quedará baixo a influencia dunha profunda borrasca, denominada Fabien, que deixará un temporal de vento. 

Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos con chuvascos ocasionalmente fortes e localmente tormentosos. 

As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima os 14ºC.

O vento soprará forte do sudoeste con intervalos moi fortes na segunda metade da xornada.

Comentarios