Alumnado do CIP Cernadas de Castro asisten a unha peza teatral contra a violencia de xénero

Alumnado do CIP Cernadas de Castro  asisten a unha peza teatral contra a violencia de xénero
Alumnado do CIP Cernadas de Castro asisten a unha peza teatral contra a violencia de xénero

Un total de 54 alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º da ESO do CPI Cernadas de Castro asistiron na Casa da Cultura de Lousame ao espectáculo teatral pedagóxico “Golpes”, de Estíbaliz Veiga, que analiza o impacto da violencia de xénero e busca concienciar á mocidade na prevención desta lacra social

Un espectáculo co que o Concello de Lousame culmina un trimestre de actividades de educación en igualdade e prevención da violencia de xénero organizadas polo departamento de Igualdade, que dirixe Silvia Agrafojo, en coordinación co profesorado e dirección do CPI Cernadas de Castro.

“Golpes” chegou ao auditorio da Casa da Cultura lousamiá grazas ao acordo de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia para a conformación dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, da que forma parte o Concello de Lousame.

Despois da actuación, estes 54 rapaces e rapazas, de idades comprendidas entre os 14 e os 16 anos, visitaron a exposición “Son Agasalo, artesanía en madeira” , que está aberta ao público na sala municipal de exposicións. A exposición mostra tallas de madeira que José Manuel Riveiro recolle nas praias e na beira dos ríos para representar pezas únicas, así como unha liña de xoias que combina os procesos de elaboración tradicionais coa orixinalidade dos deseños inspirados na natureza.

Comentarios