Roteiro do Motoclub polo centro de Santiago

Roteiro do Motoclub polo centro de Santiago
Roteiro do Motoclub polo centro de Santiago

Así pon fin o Motoclub a súa campaña de recollida de alimentos

O Motoclub Compostela iniciou unha campaña de recollida de alimentos e xoguetes en Santiago de Compostela e comarca a través de distintas empresas e establecementos comerciais colaboradores, a campaña remata este 22 de decembro cun roteiro en moto polo centro de Santiago, do mesmo xeito que o farán o mesmo día en infinidade de localidades españolas. 

O punto de encontro para calquera tipo de motocicleta será ás 16:00 horas na Praza do Obradoiro e terminará na Praza Roxa. Os moteiros asistentes deberán ir disfrazados de Papá Noel e levar 1 bolsa con alimentos e 1 xoguete, que serán depositados en calquera dos establecementos colaboradores, ou ben na Praza do Obradoiro. 

Todos os alimentos recolleitos durante o tempo da campaña irán destinados ao Banco de Alimentos Rías Altas de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela ao 17 de decembro de 2019

Comentarios