Santiago énchese de Papa Noel de dúas rodas
06:30 23/12/19
06:30 23/12/19
Así puxo fin o Motoclub a súa campaña de recollida de alimentos
O temporal que azotou Galicia esta fin de semana deu unha tregua na tarde do domingo para que se puidese celebrar o roteiro pola cidade do Motoclub de Santiago.
O punto de encontro foi a Praza do Obradoiro dando por finalizada a ruta na Praza Roxa. Os moteiros asistentes ían disfrazados de Papá Noel e levaron 1 bolsa con alimentos e 1 xoguete, que foron depositados en calquera dos establecementos colaboradores, ou ben na Praza do Obradoiro.
Todos os alimentos recolleitos durante o tempo da campaña irán destinados ao Banco de Alimentos Rías Altas de Santiago de Compostela.