Lara López Fernández recoñecida co 1º premio a excelencia deportiva “Iván Raña Fuentes” na II Gala do Deporte do Concello de Ordes

Lara López Fernández recoñecida co 1º premio a excelencia deportiva “Iván Raña Fuentes” na II Gala do Deporte do Concello de Ordes
Lara López Fernández recoñecida co 1º premio a excelencia deportiva “Iván Raña Fuentes” na II Gala do Deporte do Concello de Ordes

O pasado venres día 20 celebrouse en un repleto pavillón de Castelao 1 a II Gala do Deporte do Concello de Ordes, onde a campioa local de salvamento e socorrismo, Lara López Fernández, resultou gañadora da 1ª edición do premio a excelencia deportiva “Iván Raña Fuentes” polos seus múltiples logros que a converteron na deportista local mais destacada de 2019

Preto das 8 da tarde do pasado venres 20 de maio botou a andar a II gala do deporte do concello de Ordes, introducida por un vídeo e conducida polos presentadores Rocío Candal e Toni Seijas, en un pavillón Castelao 1 repleto de deportistas, representantes, dos clubs, asociacións e entidades deportivas, patrocinadores, familiares dos nominados, e público en xeral; no que tamén estivo presente boa parte da corporación local, exconcelleiros, o secretario xeral de Agader, e os alcaldes e alcaldesa de Frades, Tordoia e Trazo.

En diferentes bloques foron entregados os premios que conformaban a II gala do deporte, convidando a subir para o escenario aos tres finalistas en cada unha das categorías prevista:

Mellor deportista de base masculino:          Marcos Vieites del Río

Mellor deportista de base feminino:            María Pena Ferreiro

Mellor adestrador:                                       José Domínguez Caballero

Mellor patrocinador do deporte:                  Sportec

Premio a traxectoria deportiva:                   José Ramón López Regos

Mellor deportista masculino:                       Cristobal Boudjenane Núñez

Mellor deportista feminino:                          Isabel Fernández Bello

Mellor deportista pobo de Ordes masc.:     Santiago Moar Sánchez

Mellor deportista pobo de Ordes fem.:        Natalia Queijo Rivas

Mellor deportista con diversidade:               Herminio Rial Naveiro

Mellor equipo:                                             Sub-21 (Club Boudsport)

Mellor entidade deportiva:                          A.C. Ordes

Tamén se aproveitou a gala, un ano mais, para dar coñecemento dos 30 deportistas que foron beneficiados de bolsa deportiva individual, unha axuda económica creada polo concello de Ordes no ano 2018, e na que en esta ocasión foron merecedores:

Lucía Becerra Puente, Olaya Blanco Sánchez, Mateo Boudjenane Liñares, Cristobal-Gamall Boudjenane Núñez, Manuel Castro Rodríguez, Bárbara del Puerto López, Carla Diéguez Veiras, Claudia Diéguez Veiras, Alba Diéguez Veiras, Pablo Liñares Bustabad, Marcos Liñares Caamaño, Lara López Fernández, Christian Loureiro López, Daniel Loureiro Mosquera, Antía Martínez Sánchez, Alberto Martínez Villaverde, José-Ángel Morlán Rodríguez, Daniel Mosquera Sánchez, Iván Muiño Liñares, Manuel Pedreira Louro, María Pena Ferreiro, Manuel Pena Rodríguez, Lara Reboredo Franqueira, Noa Rey Bravo, Alba Rey Franqueira, Alejandro Rey Franqueira, María Ánxeles Rodríguez del Río, Alejandra Souto Vieites, Eliana Suárez Mosquera e Abril Viqueira Pose.

Esta edición da gala do deporte contou como convidado de honra con un dos integrantes do Superdepor, e un dos poucos xogadores que posúe no seu palmarés a totalidade dos títulos oficiais que gañou o RC Deportivo de A Coruña, especialmente na época do Superdepor, Donato Gama da Silva. O invitado aparte de entregar varios dos galardóns, foi foco de atención de numeroso público que aproveitaron a súa presenza para inmortalizar en unha fotografía conxunta a un dos grandes do deportivismo recente. No escenario foi entrevistado pola presentadora Rocío Candal, onde dou o seu particular punto de vista da situación actual do club no que actualmente exerce como representante institucional, e animou a todos os presentes a practicar deporte en calquera das súas modalidades, sen esquecer ao fútbol que tantos éxitos lle dou na súa etapa.


Gañadora do premio “Iván Raña”.


Unha emocionada Lara, subiu ao escenario a recoller o galardón das mans de Lina e Manuel, pais de Iván Raña. A continuación dirixiuse aos micros e dedicou unhas palabras a tódolos presentes, un público entregado a súa persoa como merecida gañadora de este galardón, unha intervención cargada de gran emotividade na que fixo especial referencia a súa familia, dun xeito especial a seus pais e a súa irmán, alí presentes nas primeiras filas, pero sen esquecerse de todos e cada un dos que fan posible que ela poida desenvolver día a día ao longo do ano o deporte que tanto lle gusta e que tantos éxitos persoais e deportivos lle está a deparar.


Rematou o acto, coa presentación en primicia por parte dos presentadores do vídeo de Nadal para a felicitación institucional por parte do concello de Ordes.


Comentarios