Rouban dous octoxenarios de Monforte na súa casa facéndose pasar por policías

Rouban dous octoxenarios de Monforte na súa casa facéndose pasar por policías
Rouban dous octoxenarios de Monforte na súa casa facéndose pasar por policías

Amosaron unha placa falsa da policía e dixeron que ían realizar un rexistro

Ese foi o mecanismo empregado por tres individuos que lograron así acceder a unha vivenda de Minas de Freixo, en Monforte, donde vive un matrimonio de octoxenarios.

O home desconfiou dos ladróns e quixo face una chamada pero quitáronlle e romperon o teléfono móbil e, posteriormente, tamén o fixo. Xa dentro da vivenda un dos individuos retivo ao matrimonio na cociña mentres os seus compinches remexían todas as estancias da vivenda.  Leváronse 900 euros en metálico e diferentes documentos dunha carteira.

En declaración aos medios, o dono da vivenda apuntou que se trataba dun individuo duns 60 anos e outros dous duns trinta. Todos de pel escura e que falaban en castelán. Tamén cre que os ladróns tiñan vixiada a vivenda porque aproveitaron o día en que non estaba a sanitaria que atende a súa muller, enferma de alzhéimer. 

Comentarios