O Festival de Nadal Amessan chega hoxe ata a praza Manuel Murguía

O Festival de Nadal Amessan chega hoxe ata a praza Manuel Murguía
O Festival de Nadal Amessan chega hoxe ata a praza Manuel Murguía

O Festival de Nadal Amessan, organizado pola Concellaría de Benestar Social a través da Oficina do Voluntariado de Ames, desenvolverase hoxe pola tarde na carpa da praza de Manuel Murguía do Milladoiro

Hoxe venres 27 de decembro, ás 17:00 horas, desenvolverase na carpa da praza de Manuel Murguía do Milladoiro o Festival de Nadal do programa Amessan. Nel, haberá unha degustación de pratos de Nadal, diversas actuacións musicais e exhibicións. Dende a Concellaría de Benestar Social animan a participar na actividade á toda a veciñanza amesá.

O Festival de Nadal Amessan, organizado pola Concellaría de Benestar Social a través da Oficina do Voluntariado de Ames, desenvolverase hoxe pola tarde na carpa da praza de Manuel Murguía do Milladoiro. No festival, haberá unha degustación de pratos típicos de Nadal, elaborados nos obradoiros de cociña que se están desenvolvendo durante a programación de Nadal en diferentes localizacións do Concello. 

Ademais, para amenizar a xornada, tamén haberá actuacións musicais do grupo de pandeireta do programa Amessan, do grupo de pandeiretas e o coro de Jupemi (Asociación de Xubilados e Pensionistas do Milladoiro) e o coro de música tradicional galega do programa Amessan. Asemade, haberá unha exhibición de ximnasia terapéutica dos grupos de Amessan e, para pechar o evento, unha actuación musical de Luis Rey. 

PROGRAMA AMESSAN

Este programa de envellecemento activo, destinado a persoas maiores de 60 anos, inclúe actividades de ximnasia terapéutica e de manualidades, así como obradoiros de música tradicional e de memoria. Estas actividades desenvólvense nas Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro e nos locais sociais de Agrón, Ameixenda, Augapesada, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Lens, Piñeiro, Tarroeira e Trasmonte.

Comentarios
Lo más