O Russian Classical Ballet presenta A Bela Dormente no Auditorio ABANCA

O Russian Classical Ballet presenta A Bela Dormente no Auditorio ABANCA
O Russian Classical Ballet presenta A Bela Dormente no Auditorio ABANCA

Dirixida por Evgeniya Bespalova, a compañía está composta por un reparto de bailaríns graduados polas máis recoñecidas escolas coreográficas de Moscova, San Petersburgo, Novosibirsk ou Perm

O Russian Classical Ballet presenta en Santiago de Compostela o ballet A Bela Dormente de P. Tchaikovsky. A representación será mañá domingo 29 de decembro, a partir das 18:00 horas, no Auditorio ABANCA (Preguntoiro, 23). As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com.

A Bela Dormente é unha das máis belas composicións do ilustre músico ruso Pyotr Tchaikovsky. Melodías imperecedoiras como Rosa Adagio ou Grande Valse Villageoise desvelan o lirismo do autor. A relación da música de Tchaikovsky coa coreografía de Marius Petipa é tan xenialmente perfecta que sería difícil imaxinar outra lectura da partitura. 

Por todo isto, a música e coreografía en perfecta simbiose fixeron desta obra a máis emblemática da danza clásica. Russian Classical Ballet presenta unha produción clásica, cunha escenografía romántica e de gran beleza, vestidos con detalles suntuosos feito a man e unha repartición de solistas e corpo de baile maxestoso, liderados por dúas estrelas da danza internacional.

Manter a tradición do ballet clásico ruso, esta é a misión do Russian Classical Ballet. Dirixida por Evgeniya Bespalova, a compañía está composta por un reparto de bailaríns graduados polas máis recoñecidas escolas coreográficas de Moscova, San Petersburgo, Novosibirsk ou Perm. Artistas principais nalgúns dos máis prestixiosos teatros de danza dan corpo a esta compañía que une a mestría e experiencia de bailaríns internacionais coa innovación de novos talentos emerxentes no panorama da danza clásica.

Comentarios