O BNG de Touro presentará unha moción no pleno para a mellora da atención pediátrica no concello

O BNG de Touro presentará unha moción no pleno para a mellora da atención pediátrica no concello
O BNG de Touro presentará unha moción no pleno para a mellora da atención pediátrica no concello

Ao mesmo tempo tamén se vai demandar unha mellora no equipamiento no servizo de matrona

O BNG de Touro levará ao pleno ordinario de hoxe venres seis mocións para ser debatidas no último pleno do ano.

Duas deseas mocións tratan sobre cuestións que teñen que ver co funcionamiento do centro de saúde. En concreto unha delas solicitando unha adecuada atención médica no que atinxe a falta continua de atención pediátrica, un problema que vén de vello ao que ágora se une a falta duns dos médicos de atención primaria e que está a causar un grande malestar entre os pacientes.

Ao mesmo tempo tamén se vai demandar unha mellora no equipamiento no servizo de matrona, aproveitando que o SERGAS vai destinar unha partida para mellora o equipamiento dos centros de saúde.

Unha terceira moción solicitará que o concello financie aquelas vacinas que non o fai o SERGAS, como son a da meninxite B, meninxite C e rotavirus. Estas vacinas están recomendadas pola asociación española de pediatría pero son as familias as que teñen que pagalas o que para aquelas de baixos recursos supón unha carga en algún casos inasumible. Consideramos que para estas familias o concello debe financiar este servizo tan básico, mientras non o faga a Xunta.

Outra moción pedirá que o concello retire a simboloxía franquista que ainda figura no concello, así como demandarlle á igrexa que faga o mesmo dos seus inmobles. É unha anomalía democrática que aínda sigan existindo placas que loen a unha dictadura.As duas mocións restantes son referidas, unha delas, á loita contra a violencia machista para o que se pide un maior compromiso por parte de todas as administracións e en concreto do concello para que aumente os fondos que se adican a esta problemática.

A última moción preséntase en nome de Vía Galega e solicita que o parlamento galego tome a emigración como un auténtico drama e un problema de primera magnitude pola sangría de xente nova que supón. Problema especialmente grave nos concellos rurais como o de Touro no que nos últimos dez anos emigraron case 1000 persoas, sendo unha das principais causas do seu devalo demográfico.

Comentarios
Lo más