Dez equipos desputarán hoxe o I Trofeo Nada de Fútbol Sala Solidario Cidade de Ribeira

Dez equipos desputarán hoxe o I Trofeo Nada de Fútbol Sala Solidario Cidade de Ribeira
Dez equipos desputarán hoxe o I Trofeo Nada de Fútbol Sala Solidario Cidade de Ribeira


O evento está organizado pola Agrupación Futsal Ribeira coa colaboración do Concello a favor das organizacións benéficas do municipi


Un total de dez equipos disputarán hoxe sábado 28 de decembro o Primeiro Trofeo de Nadal de Fútbol Sala Solidario Cidade de Ribeira que se disputará no pavillón polideportivo de Palmeira ‘Alcalde Torres Colomer’ a partir das 16 horas. O evento está organizado pola Agrupación Futsal Ribeira coa colaboración do Concello a favor das organizacións benéficas do municipio.

A distribución do torneo queda do seguinte xeito:

CATEGORÍA MASCULINA:

Grupo A:

1- Alameda 3.0

2- Café Bar Allameda /Publicolor

3- Tour Galicia/Bar Retablo

4- Triñanes/Café Bar Alameda

Grupo B:

1- Los Warriors

2- Stop Pobreza

3- Max China

4- Restaurante Alján/O Castro

CATEGORÍA FEMININA:

1- Deco Daniel

2- Pescados Mary Mar

Tanto os equipos participantes e o resto de implicados na organización do torneo (árbitro, adestradores, etc.) como o público que se achegue ata as instalacións de Palmeira deberán aportar un xoguete novo, material escolar ou alimentos non perecedoiros que irán destinados a asociacións colaboradoras cos Servizos Sociais de Ribeira.

Comentarios