Purificación Pérez Sampedro, nova centenaria de Ribeira

Purificación Pérez Sampedro, nova centenaria de Ribeira
Purificación Pérez Sampedro, nova centenaria de Ribeira

Ata o seu fogar se desprazaron o alcalde Manuel Ruiz e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Ruiz

O municipio ribeirense conta cunha nova veciña centenaria: trátase de Purificación Pérez Sampedro, de Aguiño, que cumpriu un século de vida coincidindo coa festa de Nadal.

Ata o seu fogar se desprazaron o alcalde Manuel Ruiz e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Ruiz, para felicitala por un aniversario tan sinalado, ademais de entregarlle un ramo de flores e unha placa conmemorativa.

Comentarios