Os bombeiros interveñen na AP9 a causa dun derrame de combustible procedente dun camión avariado

Os bombeiros interveñen na AP9 a causa dun derrame de combustible procedente dun camión avariado
Os bombeiros interveñen na AP9 a causa dun derrame de combustible procedente dun camión avariado

A situación non pasou inadvertida para os condutores da AP-9, que rápido se puxeron en contacto co 112 para informar do acontecido

Os bombeiros traballan arestora na limpeza dunha vertedura de combustible provocada por un camión avariado na AP-9, en Vigo.

Concretamente, actúan sobre o tramo comprendido entre os túneis da Madroa e Candeán, sentido sur, onde o vehículo sufriu a rotura do depósito do combustible.

Cos bombeiros colabora o persoal de limpeza e mantemento de autovía, tal e como confirmaron ao 112 Galicia desde o centro de control da estrada. Por suposto, a situación non pasou inadvertida para os condutores da AP-9, que rápido se puxeron en contacto co 112 para informar do acontecido. Igualmente, o condutor do camión comunicou a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia a avaría do seu vehículo e os problemas que estaba ocasionando. Deste xeito, o persoal do 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Vigo, así como aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. 

Comentarios