A Banda Municipal de Música de Brión e o Coro Magariños pechan hoxe sábado o VIII Festival de Nadal

A Banda Municipal de Música de Brión e o Coro Magariños pechan hoxe sábado o VIII Festival de Nadal
A Banda Municipal de Música de Brión e o Coro Magariños pechan hoxe sábado o VIII Festival de Nadal

Banda e coro deleitarán ao público asistente con pezas moi coñecidas do Nadal. A entrada é libre e de balde ata completar aforo

O centro social polivalente de Brión acollerá hoxe sábado 28 de decembro, ás 20:00 horas, o terceiro e derradeiro concerto do VIII Festival de Nadal, no que tomarán parte a Banda Municipal de Música de Brión e o Coro Magariños dirixidas polos mestres da ESMU Magariños Jorge Rey Barca e Mateo Gómez Naval, respectivamente. Banda e coro deleitarán ao público asistente con pezas moi coñecidas do Nadal. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Este concerto pechará o trío de actuacións programadas no VIII Festival de Nadal, que durante a pasada semana ofreceu sendos concertos de agrupacións corais e do alumnado de música e movemento da Escola Municipal de Música Magariños, entidade organizadora do evento. Unha iniciativa na que contan coa colaboración do Concello de Brión, a Deputación Provincial da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Comentarios
Lo más