Os socialistas de Oroso asinan un acordo co BNG coas políticas sociais e a mellora dos servizos públicos no Goberno municipal

Os socialistas de Oroso asinan un acordo co BNG coas políticas sociais e a mellora dos servizos públicos no Goberno municipal
Os socialistas de Oroso asinan un acordo co BNG coas políticas sociais e a mellora dos servizos públicos no Goberno municipal

Os socialistas de Oroso asinan un acordo programático co BNG coas políticas sociais e a mellora dos servizos públicos como prioridades de goberno

Os socialistas de Oroso asinaron co BNG un acordo programático para desenvolver durante a lexislatura con oitenta medidas en todos os eidos para mellorar a vida dos orosáns.

Tras un primeiro acordo de investidura o pasado mes de xuño, o PSOE e o BNG pecharon agora un pacto con medidas concretas e a prioridade das políticas sociais e a mellora dos servizos públicos. O acordo foi asinado polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, en representación dos seis concelleiros e concelleiras socialistas, e pola concelleira nacionalista Isabel Fernández.

Entre as medidas, está o obxectivo de continuar coa rede de sendas peonís en todas as parroquias, a reurbanización da avenida da Grabanxa, rematar as modificacións que están en marcha do PXOM, dar un novo impulso ao polígono San Martiño II, e diferentes inciativas en favor da igualdade e o ensino público.

“Os socialistas traballamos sempre pola igualdade de oportunidades e os servizos públicos, polo que foi doado atopar puntos de encoNtro co BNG para este acordo programático”, afirma Manuel Mirás.

Haberá tamén unha nova ordenanza de axudas de emerxencia social, programas de conciliación familiar, iniciativas en materia de emprego, promoción turística, xuventude e numerosas actividades para dinamizar as parroquias.

“Os primeiros meses de lexislatura reflicten que o acordó é positivo para os veciños e veciñas de Oroso, e durante os próximos meses seguiremos a traballar para o seu benestar”, engade Mirás.

Comentarios