Touro acolle o seu Concerto de Nadal-Ano Novo hoxe 29 de decembro na Casa de Cultura

Touro acolle o seu Concerto de Nadal-Ano Novo hoxe 29 de decembro na Casa de Cultura
Touro acolle o seu Concerto de Nadal-Ano Novo hoxe 29 de decembro na Casa de Cultura

O concerto estaba programado para o pasado sábado, 21 de decembro, pero o Concello de Touro, ante as previsións de temporal de vento a causa da borrasca Fabien, decidiu suspendelo

A Banda de Música Isabel II de Touro, a Banda Xuvenil e os alumnos e alumnas da Escola de Música do Concello de Touro serán os protagonistas do Concerto de Nadal-Ano Novo que terá lugar  o próxmio domingo, 29 de decembro, no Concello de Touro. Será a partir das 12:00 horas na Casa da Cultura.

O concerto estaba programado para o pasado sábado, 21 de decembro, pero o Concello de Touro, ante as previsións de temporal de vento a causa da borrasca Fabien, decidiu suspendelo e plazalo pola seguridade da poboación. 

As formacións musicais e os alumnos e alumnas amenizarán entón o próximo domingo, 29 de decembro, ao público convidado cun repertorio de temas propios destas datas.

Asimesmo, esa misma mañán entregaranse os Premios do XIV Concurso de Fotografía ‘Touro en Imaxes’. Os gañadores recibirán o recoñecemento e todos os participantes recibirán o seu diploma de mans do alcalde e dos concelleiros de Touro. Será unha mañán de música ás portas do ano 2020.

Comentarios