O concello de Ribeira quere mellorar o tránsito peonil en Iñeiras, rúa Lorenzo Mariño e Abesadas

O concello de Ribeira quere mellorar o tránsito peonil en Iñeiras, rúa Lorenzo Mariño e Abesadas
O concello de Ribeira quere mellorar o tránsito peonil en Iñeiras, rúa Lorenzo Mariño e Abesadas

O importe da triple actuación ascende a 68.475,09 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018

O Concello de Ribeira procedeu a licitar unha nova actuación que permitirá mellorar a seguridade viaria e o tránsito peonil en tres puntos do municipio: o lugar de Iñeiras, situado en Olveira; a rúa Francisco Abesadas, en Aguiño; e As Abesadas, en Santa Uxía.

Polo que respecta a Iñeiras, a zona na que se vai realizar a intervención consta dunhas beirarrúas feitas en zahorra compactada que van ser demolidas e substituídas por outras a base de formigón pulido, intercalado con franxas de adoquín de formigón. Terán unha lonxitude de 500 metros.

Polo que respecta á rúa Francisco Lorenzo Mariño, o tramo en cuestión está formado actualmente por soleiras de formigón que serán demolidas e no seu lugar colocarase un tramo de beirarrúa de baldosa hidráulica ao longo de 37 metros.

Por último, no que se refire a Abesadas, na área na que se vai actuar, sita xunto á rotonda da Poutada, existe un pavimento de terra. Ao igual que no punto sinalado no parágrafo anterior, coa fin de afianzar a seguridade viaria estenderase un tramo de beirarrúa con baldosa hidráulica nunha lonxitude de 60 metros.

OFERTAS ATA O 9 DE XANEIRO

O importe da triple actuación ascende a 68.475,09 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018. O prazo de execución son dous meses. As empresas interesadas en concorrer ao proceso de licitación poden presentar as súas ofertas ata o 9 de xaneiro de 2020 á medianoite a través da Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Comentarios