Os socialistas censuran a "pouca vergoña" da Xunta de criticar a suba de peaxes da AP-9 ratificada por Pastor no 2013

Os socialistas censuran a "pouca vergoña" da Xunta de criticar a suba de peaxes da AP-9 ratificada por Pastor no 2013
Os socialistas censuran a "pouca vergoña" da Xunta de criticar a suba de peaxes da AP-9 ratificada por Pastor no 2013

Luis Álvarez acusa á Xunta de ter agardado ata o goberno socialista para cargar contra a concesión da AP-9 que Aznar ampliou ata 2048 cando Feijóo era conselleiro de Política Territorial

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Luis Álvarez, sinalou a “pouca vergoña” demostrada pola Xunta e o PP ao criticar agora a suba das peaxes da AP-9 que fora ratificada e ampliada por Ana Pastor como ministra con Rajoy en 2013. O responsable socialista interveu na comparecencia da Xunta onte en Comisión, onde acusou ao PP de “cambiar de criterio” en función da cor do goberno de Madrid.

Álvarez criticou que a Xunta proteste agora contra a suba das peaxes logo de que fora Aznar quen ampliara a prórroga ata 2048 no ano 2000, mentres Feijóo era conselleiro de Política Territorial, e Ana Pastor quen ratificara e ampliara en 2013 o Real Decreto de 2011, incrementando aínda máis as peaxes da autoestrada. Os mesmos, dixo, que “lle deron a foto da suposta inauguración da ampliación de Rande para permitir que Audasa cobrara peaxes dende 2018”. 

Sen embargo, o PP e o goberno galego agardaron ata decembro de 2018 para “tomar conciencia dos erros de cálculo e presentar unha proposta alternativa para as peaxes” aproveitando que goberna o PSOE para “comezar a tensionar costuras”.

CAMBIO DE CRITERIO

O responsable socialista acusou ao PP e ao goberno galego de “cambiar de criterio” en función de quen presida o goberno de Madrid, mentres os socialistas presentaran xa en maio de 2017 unha iniciativa parlamentaria para buscar vías alternativas para que as obras sexan asumidas a través dos Orzamentos do Estado, que o PP vetou porque daquela gobernaban no Estado.

Álvarez ratificou a proposta socialista dirixida a evitar o incremento do 1 por cento das peaxes dende 2018, que o PP rexeitou antes da moción de censura que levou a Pedro Sánchez ao goberno. Subliñou ademais a “boa disposición” amosada polo goberno en funcións para “mellorar as condicións das peaxes” unha vez estea plenamente constituído.

Comentarios
Lo más