O anticiclón continuará anclado na cidade

O anticiclón continuará anclado na cidade
O anticiclón continuará anclado na cidade

 En Compostela a temperatura mínima acadará os 4ºC e a máxima os 17ºC

Persiste a influencia anticiclónica sobre Galicia durante esta xornada. 

Deste xeito teremos ceos pouco anubrados en xeral, unicamente con nubes de tipo alto que non impedirán o paso do sol e bancos de néboa matinais en vales do interior.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, pero aínda se rexistrarán xeadas no interior. En Compostela a temperatura mínima acadará os 4ºC e a máxima os 17ºC.

Os ventos soprarán frouxos, do sueste.

Comentarios