Arde un galpón en Moeche

Arde un galpón en Moeche
Arde un galpón en Moeche

O alertante, indicaba que saía moito fume pola parte de atrás dunha casa, no lugar de Casetellada, en Santa Cruz de Moeche

Pasados uns minutos das 00:00 horas desta noite, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia era informado  por un particular doutro incendio, na localidade coruñesa de Moeche.

O alertante, indicaba que saía moito fume pola parte de atrás dunha casa, no lugar de Casetellada, en Santa Cruz de Moeche, pero non sabía precisar con exactitude o que ardía. Neses intres, unha veciña do lugar tamén se poñía en comunicación co 112 Galicia e aseguraba que se trataba dunha casa na que non vivía ninguén.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia informaron aos Bombeiros do Eume, ao GES de Ortigueira e á Garda Civil.

Unha vez no punto e tras dar por rematadas a tarefas de extinción, os Bombeiros indicaron que ardeu un galpón por completo con bastante material almacenado no seu interior e que o teito colapsara.

Polo momento, descoñécense as causas que orixinaron o lume.

Comentarios
Lo más