Segue o sol en Compostela

Segue o sol en Compostela
Segue o sol en Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima os 18ºC

As altas presións continuarán ao norte da península Ibérica durante esta xornada, achegando estabilidade e aire cálido desde o sur. 

Polo tanto agardamos unha nova xornada de ceo pouco anubrado ou despexado en xeral, con néboas nos vales do interior durante a mañá. 

As temperaturas non terán cambios significativos, polo que continuaremos con xeadas no interior e forte oscilación térmica en xeral. En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima os 18ºC.

Os ventos soprarán moi frouxos de dirección variable.

Comentarios