Atopan o corpo sen vida dun home flotando no río Lagares

Atopan o corpo sen vida dun home flotando no río Lagares
Atopan o corpo sen vida dun home flotando no río Lagares

Segundo informaron os axentes da Policía Nacional, que investigan as causas do suceso, o corpo xa foi rescatado da auga

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia esta tarde da aparición do corpo dunha persoa flotando no río Lagares, á altura da rúa de Severino Cobas, en Lavadores, no concello de Vigo.

Un alertante daba conta do achado ao 112 Galicia sobre as 17:00 horas e, a partir de aí, os xestores de emerxencias pasaron aviso ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes da Policía Nacional e Local. Tamén, os Bombeiros da cidade foron informados.

Segundo informaron os axentes da Policía Nacional, que investigan as causas do suceso, o corpo xa foi rescatado da auga.

Comentarios