Gran noite para o Victoria FC na Gala do Fútbol Feminino

Gran noite para o Victoria FC na Gala do Fútbol Feminino
Gran noite para o Victoria FC na Gala do Fútbol Feminino

A Gala estivo marcada un ano máis polo auxe do fútbol feminino galego, coa asistencia de personaxes relevantes do fútbol autonómico e representantes institucionais

O evento, organizado conxuntamente polo Concello de Cambre e a Revista do Fútbol Feminino Galego, repartiu 27 galardóns entre as mellores futbolistas, técnicos, árbitras e equipos do noso fútbol en relación á temporada 2018/19 e entre os galardóns non faltou o aplauso o bo facer do Victoria FC. 

Así, nunha gran noite para o clube compostelán, o adestrador santiagués Chivi García acadou o premio como “Mellor técnico galego” por segundo ano consecutivo, mentras que Carmen Sumay recibiu o trofeo como mellor gardarredes da Segunda División formando parte do 11 ideal da competición.

Tamén estaban nominadas Carmen e Ánxela nas categorías de mellor xogadora galega e mellor promesa, e ao mellor gol da tempada.

Para todos, o feito de estar un ano máis entre os mellores do fútbol feminino, conscientes do traballo e do sacrificio personal que supón manter a xeira sempre ascendente e positiva, e xa un premio en sí mesmo, de ahí que este recoñecemento debe servir como aliciente para o resto de xogadoras do clube.

A Gala estivo marcada un ano máis polo auxe do fútbol feminino galego, coa asistencia de personaxes relevantes do fútbol autonómico e representantes institucionais así como pola retransmisión dun documental descriptivo da evolución do fútbol feminino nos últimos anos.

Comentarios
Lo más