Luns soleado en Compostela antes de Fin de Ano

Luns soleado en Compostela antes de Fin de Ano
Luns soleado en Compostela antes de Fin de Ano

En Compostela a temperatrua mínima acadará os 6ºC e a máxima aos 13ºC

As altas presións continuarán fortes no continente europeo, pero unha baixa que se desprazará polo Atlántico rozará Galicia durante as últimas horas do día. 

Deste xeito teremos en xeral unha xornada de ceo pouco anubrado ou despexado, con néboas durante a mañá en puntos do interior. 

Nas últimas horas do día irán entrando nubes baixas polo litoral de A Coruña e nubes altas no resto. 

Temperaturas mínimas sen cambios, con xeadas en puntos do interior e máximas en lixeiro descenso. En Compostela a temperatrua mínima acadará os 6ºC e a máxima aos 13ºC.

Os ventos soprarán frouxos de compoñénte sur.




Comentarios