O marisco baixa o seu prezo en Fin de Ano polo bo tempo

O marisco baixa o seu prezo en Fin de Ano polo bo tempo
O marisco baixa o seu prezo en Fin de Ano polo bo tempo

Na Praza de Abastos pódese atopar marisco a prezos moi lonxes dos acadados en Noiteboa

Durante hoxe e mañá as persoas que queira comprar marisco poderán facelo sen deixarse moito diñeiro no intento. Despois do temporal Fabien que deixou un tempo con fortes ventos e chuvias importantes na nosa comunidade, o bo tempo que temos nestes días en Galicia provocan que o marisco baixe do seu prezo habitual nas datas nas que estamos.

Se en Noiteboa podíamos atopar pezas entre 200 - 300 euros o quilo, dependendo do marisco que quixéramos. Agora, a piques de rematar o 2019 podemos atopar nos mercados unha baixada de prezo que podería chegar ata 80 - 100 euros o quilo.

As dependentas da Praza de Abastos aseguran que durante o día de hoxe e o de mañá será un bo momento para comprar o marisco que queira sen deixarse moito diñeiro no intento.

Comentarios