Uxío Canosa, subcampión galego de ciclocross na categoría Máster 30

Uxío Canosa, subcampión galego de ciclocross na categoría Máster 30
Uxío Canosa, subcampión galego de ciclocross na categoría Máster 30

O ciclista amesán, Uxío Canosa, do club Os Esfola Arrós (OEA’S) de Ames, proclamouse onte en Porriño subcampión galego de ciclocross na categoría Máster 30

O ciclista amesán, Uxío Canosa, do club Os Esfola Arrós (OEA’S) de Ames, proclamouse onte en Porriño subcampión galego de ciclocross na categoría Máster 30. Tras unha gran temporada que deu comezo no mes de outubro, Uxío culminou onte tres meses de duro traballo e sacrificio que o levaron a gañar a medalla de prata nos campionatos autonómicos da modalidade.

Onte, domingo 29 de decembro, celebrouse no circuíto do Velódromo Municipal do Porriño a última proba oficial ciclista galego do 2019, que foi un aperitivo de cara a cita que se celebrará o 11 e 12 de xaneiro na Illa das Esculturas. Dende as 9:30 da mañá, cerca de 400 corredores participaron no III Trofeo de Ciclocross Avanza.

Na categoría Máster 30, Uxío Canosa alzouse co segundo posto cun tempo de 43:40, moi cerca do campión, Darío Otero, do Compostelano, que marcou un tempo gañador de 43:26. O terceiro posto foi para Francisco Baña, tamén do Compostelano, que acadou un tempo de 44:05.

Por outra banda, na carreira feminina desta categoría coroouse como gañadora Rocío Blanco (A Forna), con Montserrat Martínez (Ciclismo Oiense) entrando segunda e Noelia Portela (Máster Morrazo), terceira.

Comentarios