Gran Festival de Nadal no Auditorio por parte da Asociación de Amas de Casa de Ribeira

Gran Festival de Nadal no Auditorio por parte da Asociación de Amas de Casa de Ribeira
Gran Festival de Nadal no Auditorio por parte da Asociación de Amas de Casa de Ribeira

Nesta ocasión, o evento, repleto de música e baile tradicional

No marco da programación de Nadal, a Asociación de Amas de Casa de Ribeira viviu onte pola tarde un exitoso festival que como é habitual recalou por estas datas no Auditorio Municipal.

Nesta ocasión, o evento, repleto de música e baile tradicional, contou coas actuacións das Cantareiras de Amas de Casa, As Garridiñas de Castiñeiras, As Silvareiras de Corrubedo, As Rouxeiras, Ferreriños, As Ferreñas e das pandereiteiras da entidade.

Comentarios