Compostela despide o 2019 con ceos despexados

Compostela despide o 2019 con ceos despexados
Compostela despide o 2019 con ceos despexados

En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima chegará aos 13ºC

A estabilidade seguirá sendo predominante na atmosfera galega, aínda que unha pequena borrasca que se localizará ao sur de Inglaterra podería introducir algunhas nubes polo noroeste. 

Así, agardamos unha xornada de Noitevella con nubes baixas na provincia da Coruña e moitas néboas no interior pola mañá, tendendo a quedar o ceo aberto pola tarde, pero entrando novamente algunhas nubes xa pola noite. 

Temperaturas mínimas sen cambios, de novo con xeadas no interior; as máximas descenderán moderadamente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima chegará aos 13ºC.

Ventos frouxos de dirección variable.

Comentarios
Lo más