Rexistrado un accidente en Melide no que resultaron feridas tres persoas

Rexistrado un accidente en Melide no que resultaron feridas tres persoas
Rexistrado un accidente en Melide no que resultaron feridas tres persoas

Sucedeu na N-547, á altura do polígono

En Melide, tres persoas precisaron asistencia médica despois de producirse unha colisión entre outros tantos vehículos. Sucedeu na N-547, á altura do polígono.

Unha persoa particular alertou do ocorrido ao 112 Galicia ás 14:30 horas. Nada máis ter constancia, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Arzúa e de Protección Civil.

Comentarios