140 condutores deron positivo nos controis especiais de tráfico de fin de ano

140 condutores deron positivo nos controis especiais de tráfico de fin de ano
140 condutores deron positivo nos controis especiais de tráfico de fin de ano

É o balance do dispositivo especial en que colaboraron a Garda Civil e as policías locais

Con ocasión da celebración do inicio do novo ano, e como é habitual nesta data, todas as unidades de tráfico estableceron un servicio especial para a mellora da seguridade nas estradas da Comunidade.

Os axentes practicaron case 5.400 probas. 36 condutores ían baixo os efectos das drogas, e 104 deron positivo na proba de alcolemia. A maioría deles enfróntanse a unha sanción administrativa, cunha multa de 1.000 euros e a perda de seis puntos do carné. Pero dezasete deles ademais terán que ir a un xuizo rápido por un presunto delito contra a seguridade viaria.


Comentarios