Extinguen un incendio forestal no concello lucense do Incio

Extinguen un incendio forestal no concello lucense do Incio
Extinguen un incendio forestal no concello lucense do Incio

Segundo as primeiras estimacións -aínda provisionais-, a superficie afectada é de 29,8 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que un incendio forestal que xa arrasou case 30 hectáreas de terreo no municipio lucense do Incio quedou extinguido nas últimas horas polos servizos de extinción.

O incendio comezou onte ás 18:07 horas na parroquia de San Salvador do Mao e quedou controlado a pasada madrugada, ao redor das 4:00 horas.

Segundo as primeiras estimacións -aínda provisionais-, a superficie afectada é de 29,8 hectáreas, das que 23,8 son de monte raso e 6 de terreo arborizado.

Están a traballar na extinción tres axentes, dúas brigadas e 3 motobombas.

Comentarios