A compañía valenciana Xarop Teatre pechará mañá a edición número catorce do Festival de Títeres de Brión

“Los primeros burritos” é un espectáculo a cargo de Carles Benlliure e Rebeca Castro que combina teatro e monicreques

O salón de actos do centro social polivalente de Brión acollerá mañá venres 3 de xaneiro, ás 17:30 horas, a posta en escena de “Los primeros burritos”, un espectáculo da compañía valenciana de teatro e títeres Xarop Teatre que pechará o XXIV Festival de Títeres de Brión. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

“Los primeros burritos” é un espectáculo a cargo de Carles Benlliure e Rebeca Castro que combina teatro e monicreques. Unha actuación de 50 minutos na que se xoga coa linguaxe do absurdo para contemplar a vida cotiá con outros ollos. Nesta ocasión as dun burro, Dorian, que pasta e corre na súa pradería xunto con toda a súa familia; e Pep, un león que é cazado mentres dorme e metido nunha gaiola de circo. A través destas dúas personaxes, Xarop Teatre explicaralles ao público asistente como a chegada do ser humano lles cambia a vida para sempre aos burriños e ao león. 

Comentarios
Lo más