Xornada de ceos nubrados en Compostela

Xornada de ceos nubrados en Compostela
Xornada de ceos nubrados en Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima aos 11ºC

O venres unha fronte fría pouco activa cruzará Galicia.

Deste xeito, os ceos estarán cubertos en xeral con precipitacións febles, máis probables na metade norte pola mañá, trasladándose as provincias de Pontevedra e Lugo co avance do día. 

As temperaturas mínimas ascenderán e as máximas quedarán sen cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima aos 11ºC.

Os ventos soprarán aínda ao principio de compoñente sur con intensidade moderada, pero a intensidade irá diminuíndo e a dirección volvéndose máis variable.

Comentarios
Lo más