Falece unha persoa en Rianxo tras ser atropelada no Paseo Marítimo

Falece unha persoa en Rianxo tras ser atropelada no Paseo Marítimo
Falece unha persoa en Rianxo tras ser atropelada no Paseo Marítimo

Pasados dez minutos das 21:30 horas, a Policía Local informaba ao 112 Galicia do atropelo a unha persoa

Unha persoa faleceu a pasada noite na localidade coruñesa de Rianxo despois de ser atropelada no Paseo Marítimo da localidade, á altura do auditorio.

Pasados dez minutos das 21:30 horas, a Policía Local informaba ao 112 Galicia do atropelo a unha persoa e, tras comunicar que a persoa estaba inconsciente, de inmediato, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do Servizo Sanitario de Urxencias de Galicia-061.

Tamén, os efectivos de Protección Civil foron informados polo 112 Galicia que, ao mesmo tempo, solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Boiro para a limpeza da vía.

Comentarios