Dúas persoas trasladadas por mor dun posible escape de gas nunha vivenda en Moraña

Dúas persoas trasladadas por mor dun posible escape de gas nunha vivenda en Moraña
Dúas persoas trasladadas por mor dun posible escape de gas nunha vivenda en Moraña

Os feitos ocorreron no lugar de Santa Lucía de Moraña, na parroquia de Saiáns, ao fío das 1:30 horas

Dúas persoas foron trasladadas a un centro médico a  pasada noite debido a un posible escape de gas nunha vivenda en Moraña. Os feitos ocorreron no lugar de Santa Lucía de Moraña, na parroquia de Saiáns, ao fío das 1:30 horas.


Foi o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen daba conta da situación ao 112 Galicia. Nada máis ter constancia, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención do GES e do Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada, dos efectivos de Protección Civil de Moraña, dos Bombeiros de Vilagarcía, da Garda Civil e da empresa subministradora do gas.


Comentarios
Lo más