O CHUS nega o colapso do servizo de Urxencias durante o día 2 de xaneiro

O CHUS nega o colapso do servizo de Urxencias durante o día 2 de xaneiro
O CHUS nega o colapso do servizo de Urxencias durante o día 2 de xaneiro

A Xerencia Sanitaria de Santiago afirman que os datos difundos pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS "non se corresponden coa realidade"

Un usuario do servizo de urxencias do CHUS denunciou a situación de colapso do servizo ás 14:20 horas do pasado 2 de xaneiro. Segundo a información difundida pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, nese momento oito pacientes estaban agardando nos corredores de acceso a ser atendidos en cadeiras de rodas e padiolas. Un deles era un paciente terminal que permaneceu mais dunha hora no corredor ata pasar a sala de observación. 

Aseguran que ás 16:58 horas "a situación foi a peor" e eran 10 os pacientes amontoados no corredor. Mentres tanto, como consecuencia da demora nos ingresos hospitalarios, 11 pacientes estaban ocupando as zonas de traballo en espera de ser trasladados a planta. 

Pola súa parte, a Xerencia Sanitaria de Santiago afirman que os datos difundos pola asociación "non se corresponden coa realidade".

Durante o día de onte houbo unha afluencia de doentes superior á media, con 380, e "foron clasificados e atendidos no tempo adecuado seguindo as recomendacións de evaluación médica das sociedades científicas de urxencias", aseguran dende o CHUS.

Os circuitos asistenciais de urxencias contemplan o paso dos doentes á zona de boxes desde triaxe (onde aos poucos minutos de chegar ten lugar a primeira valoración do estado de saúde e se define a súa prioridade). 

"Neste tránsito os doentes agardan no pasillo mentres esperan a ser acomodados no lugar de exploración que lles corresponde segundo a súa patoloxía e prioridade. A foto fixa dun intre non define a situación e os tempos de espera foron axustados ás recomendacións científicas", rematan dende o CHUS.

Comentarios