Un accidente con dous xabarís deixa dúas persoas feridas en Oleiros

Un accidente con dous xabarís deixa dúas persoas feridas en Oleiros
Un accidente con dous xabarís deixa dúas persoas feridas en Oleiros

O accidente tivo lugar na N-VI, concretamente no punto quilométrico 586, ao fío das 22:30 horas

Dúas persoas resultaron feridas onte despois de que o vehículo no que circulaban batese contra varios xabarís que interceptaron na vía en Oleiros. O accidente tivo lugar na N-VI, concretamente no punto quilométrico 586, ao fío das 22:30 horas.

Foi unha persoa particular quen alertou dos feitos ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, ao Servizo Municipal de Protección Civil e aos Bombeiros de Arteixo.

Comentarios
Lo más