O sol será protagonista pola tarde en Compostela

O sol será protagonista pola tarde en Compostela
O sol será protagonista pola tarde en Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 5ºC e a máxima chegará aos 13ºC

O sábado as altas presións situaranse novamente ao norte da península Ibérica durante esta xornada, polo que a estabilidade irá en aumento. 

Deste xeito comezaremos o día con nubes baixas e néboas que irán desaparecendo a medida que avance a mañá; a partir do mediodía o ceo estará en xeral pouco anubrado ou despexado, agás algúns puntos do interior onde as néboas serán particularmente persistentes. 

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas non terán cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 5ºC e a máxima chegará aos 13ºC.

Os ventos soprarán moi frouxos de compoñente leste.

Comentarios
Lo más