Santiago conta con cinco novos axentes da Policía Local

Santiago conta con cinco novos axentes da Policía Local
Santiago conta con cinco novos axentes da Policía Local

Estas cinco incorporacións fan que o actual plantel da Policía Local acade os 121 efectivos, á espera da chegada de 16 axentes para finais deste ano

Onte foron recibidos no Pazo de Raxoi polo alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e o xefe da Policía Local, José Ramón Silva.

Estas cinco incorporacións fan que o actual plantel da Policía Local acade os 121 efectivos, á espera da chegada de 16 axentes para finais deste ano, ou principios do que vén, en función do remate do proceso selectivo, que se atopa nas últimas probas, e tras cumprir co período de formación na Academia Galega de Seguridade (9 meses). Destas 16 prazas, 12 son libres e 4 de mobilidade interadministrativa.

O alcalde felicitou os novos funcionarios, deulles a benvida e desexoulles todo o mellor nesta nova etapa profesional das súas vidas. 

Comentarios