Preto de 360 probas de alcol e drogas no dispositivo do 1 de xaneiro por parte da Policía Local

Preto de 360 probas de alcol e drogas no dispositivo do 1 de xaneiro por parte da Policía Local
Preto de 360 probas de alcol e drogas no dispositivo do 1 de xaneiro por parte da Policía Local

Os controis efectuáronse na SC-11 (zona do Castiñeiriño), na AC-543 (Vidán) e na DP-701 (Romaño). En total realizáronse 351 probas de alcoholemia

Continúa a colaboración entre a Policía Local e a Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Santiago de Compostela na realización de controis preventivos de alcoholemia e drogas. Nun dispositivo conxunto, desta vez axentes de ambos corpos realizaron 359 probas entre as 7:00 e as 12:00 horas do mércores 1 de xaneiro.

Os controis efectuáronse na SC-11 (zona do Castiñeiriño), na AC-543 (Vidán) e na DP-701 (Romaño). En total realizáronse 351 probas de alcoholemia, cun resultado de 11 positivos, dos que nove derivaron en denuncias administrativas e dous en denuncias xudiciais.

Ademais, practicáronse outras oito probas de drogas, catro das cales foron positivas, polo que se tramitaron catro denuncias pola vía administrativa. 

Comentarios