O Concello de Brión celebra este domingo un Festival de Reis con Belén Vivente

O Concello de Brión celebra este domingo un Festival de Reis con Belén Vivente
O Concello de Brión celebra este domingo un Festival de Reis con Belén Vivente

O Concello de Brión celebra este domingo 5 de xaneiro, a partir das 17:00 horas, un gran Festival de Reis con Belén Vivente no polideportivo municipal de Pedrouzos. Unha gran festa na que o Concello de Brión agarda a participación de entre 600 ou 700 persoas.

O Festival de Reis comezará coa chegada dos Reis Magos, que serán recibidos pola corporación municipal presidida polo alcalde José Luís García. Tras facer unha ofrenda no Belén Vivente, todos os pequenos e pequenas do municipio terán a oportunidade de falar con Melchor, Gaspar e Baltasar, lembrarlles as súas cartas coas peticións para esa noite e levar un agasallo e unhas larpeiradas.

O Belén Vivente contará con distintos animais (vacas, burros, ovellas, cabras...) traídos para a ocasión por veciños e veciñas de Brión que colaboran no evento. Canda eles haberá tamén unha representación de artesáns e oficios tradicionais, así como dous postos que repartirán chocolate, rosca e flocos de millo, grazas á colaboración da Asociación de Mulleres Xuntanza e de Bacoga.

Comentarios
Lo más