Ceos despexados para a chegada dos Reis Magos

Ceos despexados para a chegada dos Reis Magos
Ceos despexados para a chegada dos Reis Magos

As temperaturas oscilarán entre os 4 e os 14 graos

As altas presións atoparanse durante esta xornada ao norte da península Ibérica, polo que a estabilidade será de novo predominante. Así os ceos estarán en xeral pouco anubrados ou despexados, con néboas nos vales do interior, localmente persistentes. 

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, con xeadas no interior, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable.

En Compostela esperánse ceos totalmente despexados durante todo o día. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro e máximas en ascenso moderado, a pesar de que oscilarán. No referido ó estado da calidade do aire, manterase bo en xeral. 



Comentarios
Lo más