Máis de 2.000 persoas na cabalga dos Reis Magos de Oroso

Máis de 2.000 persoas na cabalga dos Reis Magos de Oroso
Máis de 2.000 persoas na cabalga dos Reis Magos de Oroso

O Concello de Oroso celebrou a súa tradicional Cabalgata e Festa de Reis, con máis de 2.000 persoas nas rúas e no pavillón

A comitiva de Melchor, Gaspar e Baltasar, composta por máis de cen persoas, saiu ás 18:00 horas do CEIP do Camiño Inglés para facer un percorrido polas rúas de Sigüeiro: avenida de Compostela (N-550), rúa do Portiño, rúa Insua, praza de Alexandre Bóveda, rúa do Medio, rúa do Portiño, avenida de Compostela, praza da Foca, avenida da Grabanxa, rúa do Concello, rúa Río Lengüelle, avenida de Compostela e rúa do Xuncal ata a praza Isaac Díaz Pardo.

Ás 18:15 horas, as Súas Maxestades foron recibidas na Casa do Concello pola corporación municipal. Acto seguido, a comitiva dirixiuse ata o pavillón de deportes a través da rúa Camiño Inglés e da rúa Pablo Iglesias.

No pavillón celebrouse unha gran festa infantil con Troi, inchables, animación musical, xogos, karaoke, entrega de premios e lambonadas para todos os nenos e nenas. 

Comentarios
Lo más