Ribeira reformará a súa Casa da Xuventude

Ribeira reformará a súa Casa da Xuventude
Ribeira reformará a súa Casa da Xuventude

O orzamento da actuación ascende a 307.000 euros, IVE incluído, e o prazo de execución ascende a 8 meses

O Concello de Ribeira informa da aprobación do expediente correspondente á contratación das obras para o acondicionamento da envolvente térmica e a reforma do interior do edificio da Casa da Xuventude.

Situado no cruce entre a avenida da Constitución e a rúa do Estatuto e cunha superficie construída de 743 metros cadrados distribuídos en tres plantas, o edificio rexistraba unha serie de eivas que era preciso subsanar e con tal motivo encargouse a elaboración dun proxecto técnico.

O documento inclúe a mellora das terrazas a través unha nova solución de illamento e impermeabilización, acabada en gres; mentres que para as fachadas adoptouse un sistema tipo SATE. Ademais, todas as fiestras serán substituídas por outra de aluminio.

En canto ao interior do edificio, cambiaranse as portas de paso, afectadas pola humidade, sanearanse as caras interiores (intradós) das fachadas e efectuaranse reparacións nas instalacións de electricidade e fontanería que o precisen.

O orzamento da actuación ascende a 307.000 euros, IVE incluído, e o prazo de execución ascende a 8 meses. A licitación co conseguinte inicio do prazo de presentación de ofertas se activará en breve.

Comentarios