Seis anos de cárcere para un acusado de traficar con droga na Coruña

Seis anos de cárcere para un acusado de traficar con droga na Coruña
Seis anos de cárcere para un acusado de traficar con droga na Coruña

O valor da cocaína e o haxix intervidos pola Garda Civil durante a operación foi de 422.559 euros, segundo consta na sentenza

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos e un mes de cárcere e ao pagamento dunha multa de 843.118 euros un acusado de traficar con substancias estupefacientes. O tribunal considerou ao sospeitoso autor de dous delitos de tráfico de droga, na súa modalidade de notoria importancia. O valor da cocaína e o haxix intervidos pola Garda Civil durante a operación foi de 422.559 euros, segundo consta na sentenza.

O tribunal considera acreditado que o acusado, que foi detido nun garaxe da Coruña, adquirira as substancias comisadas a algún provedor coa finalidade de vendelas a terceiras persoas. Os maxistrados indican na resolución que o imputado, cando cometeu os feitos, consumía drogas, pero consideran que non tiña alteradas as súas facultades de comprensión ou volitivas.

Comentarios
Lo más